Limpezas Lores, empresa de limpeza, xardinaría e desinfección
A nosa empresa

Limpezas Lores, empresa de limpeza, xardinaría e desinfección

Limpezas Lores somos unha empresa familiar con máis de 14 anos de dedicación e experiencia en servizos limpeza e xardinaría no Salnés e na comarca de Pontevedra. Non só nos dedicamos á limpeza de edificios, locais comerciais, vivendas e oficinas, senón tamén ás embarcacións de recreo, ofrecendo un servizo completo e adaptado ás necesidades de cada cliente.

Con un equipo profesional e comprometida, Limpezas Lores garante a calidade e eficiencia en cada traballo. Os nosos servizos de xardinaría son un claro exemplo da nosa capacidade para transformar e manter espazos verdes, creando ambientes agradables e harmoniosos. Ademais, a nosa empresa destaca nos traballos de acristalamento, garantindo resultados impecables que realzan a beleza e luminosidade dos espazos.

O noso compromiso coa satisfacción do cliente é inquebrantable. Utilizamos produtos excelentes nos nosos trabalos de limpeza no Salnés e Pontevedra, asegurando un servizo sen precedentes. Esta filosofía, xunto co noso trato personalizado e a atención ao detalle, fai de Limpezas Lores un referente no sector, construíndo relacións de confianza e duradeiras coa súa clientela e a comunidade. Confía en nós.

Personalización

Servizos adaptados a cada cliente

A adaptación dos nosos servizos de limpeza no Salnés e Pontevedra a cada cliente é a pedra angular da nosa filosofía. Entendemos que cada espazo e cada persoa teñen necesidades únicas, e por iso ofrecemos solucións personalizadas que se axustan perfectamente aos requisitos específicos de cada cliente. Dende a limpeza de vivendas ata o mantemento de oficinas e embarcacións de recreo, cada servizo é deseñado para satisfacer as expectativas máis altas.

Empregamos técnicas e produtos que garanten un resultado óptimo, para ofrecer un servizo de calidade superior, cun enfoque persoal que nos diferencia no sector. A nosa misión é garantir a plena satisfacción dos nosos clientes, adaptándonos ás súas necesidades e superando as súas expectativas en cada paso.

Ver servizos

 Servizos adaptados a cada cliente
Traballos que realizamos

Que servizos che brindamos?

Limpezas

Realizamos limpezas de comunidades, de cristais, de fin de obra... Tamén temos servizo de lavandaría a domicilio.

Xardinaría

Estamos preparados para calquera traballo de xardinaría, incluíndo tamén o mantemento e posta a punto de piscinas.

Acristalamentos

Cubrimos toda clase de traballos de acristalamentos no Salnés e Pontevedra, para novos espazos de gran confort.

Embarcacións

Dentro das labores de limpeza no Salnés e Pontevedra, tamén levamos a cabo a limpeza de embarcacións de recreo.

A nosa filosofía

En Limpezas Lores garantimos aos nosos clientes un servizo eficiente e con resultados óptimos.

A nosa prioridade é o bo desempeño do noso traballo, que descansa sobre 3 piares fundamentais: limpezas impecables, eficiencia no traballo e proximidade cos nosos clientes. Estamos orgullosos de rematar e entregar os nosos traballos sempre en tempo e forma, grazas ao cal mantemos a lealdade e fidelidade dos nosos clientes.

Na nosa empresa de limpezas no Salnés contamos co material e o equipo humano necesarios para levar a cabo tarefas de limpeza de todo tipo e envergadura. Elaboramos presupostos 100% personalizados para o seu caso.

En Limpezas Lores estamos ao teu dispor!

Contacta connosco para máis información e solicita o teu presuposto personalizado. Descobre como podemos axudarche a manter o teu espazo impecable con servizos a medida. Non esperes máis, dá o primeiro paso cara unha limpeza profesional e eficiente!