Limpezas Lores

Confía na nosa empresa de limpeza

En Limpezas Lores ofrecemos unha ampla gama de servizos que inclúen limpeza, desinfección, xardinaría e acristalamento no Salnés e Pontevedra, todos deseñados para satisfacer as necesidades dos nosos clientes. O noso obxectivo principal é adaptarnos ás esixencias individuais de cada usuario, proporcionando unha experiencia de servizo completa e personalizada.

Entendemos a importancia dun ambiente limpo e saudable, tanto no fogar como no traballo. Por iso, empregamos as últimas técnicas e produtos de limpeza e desinfección para garantir espazos seguros e hixiénicos. Nos nosos servizos de xardinaría, creamos e mantemos espazos verdes vibrantes, mentres que os nosos expertos en acristalamento aseguran uns espazos perfectos e luminosos.

Animámoslle a poñerse en contacto connosco para descubrir máis sobre como podemos axudarlle. Ofrecémoslle solucións a medida que se axustan ao seu orzamento e expectativas. En Limpezas Lores estamos sempre dispostos a escoitarlle e ofrecerlle o mellor servizo posible. A súa satisfacción é a nosa prioridade.

Servizos de limpeza no Salnés e Pontevedra
Os nosos servizos

Servizos de limpeza no Salnés e Pontevedra

Ofrecemos servizos integrais de limpeza. Abordamos traballos tanto para particulares, coma para comunidades e empresas. Dispoñemos de recursos humanos e técnicos para abordar limpezas de grande envergadura. Garantimos traballos con óptimos resultados entregados en tempo e forma. Presupostos personalizados.

  • Limpeza de comunidades
  • Limpeza de garaxes
  • Limpeza de cristais
  • Limpezas en fin de obra
  • Limpezas en locais comerciais
  • Limpezas en oficinas
  • Limpezas en vivendas
  • Lavandería a domicilio

Servizos de acristalamentos

En Limpezas Lores realizamos tamén traballos de acristalamentos no Salnés e Pontevedra, xerando novos espazos confortables en porches, terrazas, vivendas e oficinas. Non dubide en contactar con nós se está buscando una empresa especializada en acristalamentos en Pontevedra.

Limpeza de embarcacións de recreo

Somos expertos na limpeza de embarcacións de recreo nas comarcas de Salnés e Pontevedra. Realizamos tarefas tanto de limpeza como de mantemento e posta a punto da embarcación. Contacte con nós e podemos adaptar os nosos servizos ás necesidades da súa embarcación: posta a punto antes do verán, mantemento ao longo do ano...

Xardinaría

Conte con Limpezas Lores para realizar as tarefas de xardinaría. Encargámonos de todas as tarefas de mantemento de xardíns tanto privados como comunitarios. Tamén levamos a cabo mantementos e posta a punto de piscinas para o verán. Somos expertos xardineiros no Salnés e Pontevedra.

Solicite orzamento a medida

Non dubides en contactar con Limpezas Lores para máis información e solicitar un presuposto personalizado. Estamos listos para atender ás túas necesidades específicas con solucións eficientes e a medida. Dános a oportunidade de converter o teu espazo nun lugar máis limpo e acolledor!